miércoles, 25 de abril de 2012

Postos de traballo afectados polos recortes da Xunta


BREVE RESEÑA POSTOS AFECTADOS POLOS RECORTES
(información extraída dun documento publicado por CCOO)

TRABALLO E BENESTAR

- Retiran do Concurso de Traslados do Grupo V: 8 postos.

- Eliminan 28 postos de traballo na Escolas Infantís.

- Eliminan 7 postos no Complexo Residencial Xuvenil de Lugo que, segundo Consellería, responden a un “plan de externalización”.

- Pechan o Centro de Menores de Montealegre (Ourense) coa conseguinte eliminación de 11 postos de traballo e recolocación do seu persoal fixo noutros centros da cidade. Como consecuencia deste peche e reubicación, eliminan 3 postos de traballo no Centro de Menores da Carballeira (Ourense).

- Eliminan 3 postos na Residencia de Maiores do Carballiño que son imprescindibles para manter o servizo cun funcionamento normal.

- Eliminan a cociña do Centro de Menores San Xosé de Calasanz (Coruña): 5 postos.

- Pechan o Centro de Menores Soutomaior (Ferrol) asumindo aos usuarios o Centro de Menores Virse do Carme (Ferrol) : eliminan 4 postos.

- Eliminan 4 postos no Centro de Atención a Discapacitados de A Coruña.

- Eliminan 8 postos na Residencia de Tempo Libre de Panxón, exclusivamente para eliminar gasto e coa intención de privatizar a limpeza como xa ocorreu na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

- Eliminan 9 postos no Centro de Menores San Paio (Vigo) para utilizar as instalacións como escola infantil de xestión e titularidade privada.

- Eliminan 12 postos de diversos centros: un posto en cada un dos centros seguintes, Casa da Xuventude de Carballo, Centro Sociocomunitario de Fene, Residencia de Maiores Torrente Ballester (Coruña), Centro Sociocomunitario de Sarria; Centro Sociocomunitario de Mondoñedo, Residencia Xuvenil Altamar (Vigo), OE Pontevedra-Concello e dous no Centro de Alimentación do Barco e no Centro Sociocomunitario de Lalín, outro na Casa do Mar de Burela que foi transferido do Instituto Social da Mariña.



Coa entrada en vigor da aplicación da eliminación art. 19 do V Convenio Colectivo a través da Lei 1/2012, co conseguinte cambio nas condicións laborais dos traballadores ao eliminar os descansos polo tempo de prestación en domingos e festivos, os traballadores chegaran a ter que facer quendas de 10 días continuados.

A maiores dos postos citados que se eliminan na Consellería de Traballo e Benestar, a Xunta de Galicia, nos últimos días, de forma acelerada e sen negociar absolutamente nada, nin xustificar documentalmente, pese a esixirlllelo dende as organizacións sindicais, ven de impoñer unha inxente cantidade de eliminacións de postos de traballo e a retirar un importante número de prazas das vacantes que inicialmente estaba previsto que se ofertaran no Concurso de Tralados pendente de convocar. Así, comunicóusenos que retiraban do concurso de traslados porque xa se amortizaron ou ben ían ser amortizados o seguinte número de postos:

- Consellería de Cultura: 14 postos

- Consellería de Educación: 6 postos

- Consellería de Industria: 2 postos

- Consellería de Medio Ambiente: 12 postos

- Consellería de Medio Rural: 13 postos

- Consellería de Presidencia: 3 postos

- Consellería de Sanidade: 8 postos

TOTAL: Os postos que, polo de agora, eliminan nas distintas consellerías de forma atroupelada, acércanse aos 300 postos.

Tamén retiran do concurso de traslados argumentando varias razóns unicamente teóricas (“reorganización administrativa” e “afectación” dos postos polos procesos de consolidación ou estabilización pendentes de realizar) os seguintes postos (ademais dos xa retirados con anterioridade ao entrar en vigor o artigo 7 da Lei 1/2012):

- 49 postos de Traballo e Benestar

- 12 postos de Sanidade

As recentes xuntanzas ás que convocaron ás Organizacións Sindicais non foron para negociar nada porque simplemente se converteron nun monólogo no que a Administración non fixo outra cousa que ir poñendo enriba da mesa unha eliminación tras outra e nin tan sequera se dignaron a explicar as causas xustificativas de tales decisións.

En definitiva, continúa a sangría de amortizacións e a conseguinte perda de empregos públicos e como consecuencia o deterioro e desmantelamento dos servizos públicos. Este e non outro é o obxectivo do “falso argumento” do aforro: deteriorar os servizos públicos para así ter argumentos que xustifiquen a súa privatización.

Xa remataron coas políticas de dependencia, xa están vendendo a cachos á iniciativa privada os servizos sociais básicos e, agora, por se aínda fora pouco, pretenden impoñernos unha educación elitista á que só uns poucos privilexiados poderán acceder e unha sanidade na que o que máis recursos teña máis posibilidades terá de sanar.













No hay comentarios:

Publicar un comentario