Manifiesto

MANIFESTO DE CONSTITUCIÓN

Aprobado por consenso en Asemblea celebrada o día 15 de febreiro de 2012 na Escola Universitaria de Ingeniería Técnica Forestal da Univerdidade de Vigo no campus universitario dá Xunqueira, Pontevedra.

     Somos empregados públicos da administración en Galicia reunidos de forma voluntaria e libre para conseguir unha administración pública profesional, transparente, eficaz,  independente e ao servizo dos cidadáns.

      Non representamos, nin estamos representados, por ningún partido político, sindicato ou asociación; móvenos un espíritu de cambio e mellora da administración pública.

     Estamos aquí pola nosa dignidade de empregados públicos e por solidaridade cos que non poden estar.


     Estamos aquí porque queremos unha Administración Pública en Galicia nova e que dea prioridade ao cidadán por riba dos intereses económicos e políticos. Buscamos o despertar da conciencia social e asúa aplicación coherente na maneira de vivir de todos os cidadáns galegos, todo iso avalado por unha administración profesional, transparente e eficaz.

     Os empregados públicos en Galicia esiximos o que nos corresponde como traballadores da administración, sempre mediante unha vía legal e pacífica.

    A Plataforma dos Empregados Públicos da Administración en Galicia defende os principios de boa administración, servizo público, imparcialidade e transparencia, que desenvolven todos os empregados públicos en Galicia. A problemática xorde porque son vulnerados e lesionados os dereitos dos actuais e futuros empregados públicos, prexúdicase ao sector público, dánase a imaxe dos empregados públicos en Galicia, e sobre todo e o mais importante dánase considerablemente o servizo público que se presta á cidadanía. Non se trata únicamente dunha reivindicación económica

      Non defendemos privilexios. O dereito ao traballo estable do persoal da Administración Pública en Galicia non é un privilexio senón o resultado da aplicación dos principios de igualdade, mérito e capacidade para o acceso á función pública; é unha garantía xurídica dos cidadáns respecto a unha Administración Pública que actúe con imparcialidade ao servizo da cidadanía, cumprindo a legalidade sen sometemento a intereses partidistas dos gobernos de turno.

    Na Administración Pública descansan as bases do estado do benestar, da igualdade, da educación, da sanidade, da xustiza… que constitúen o piar do sistema democrático tal e como garante a Constitución.

EXPRESARNOS É O NOSO DEREITO, MELLORAR A ADMINISTRACIÓN PÚBLICA EN GALICIA É O NOSO DEBER

No hay comentarios:

Publicar un comentario